martes, 17 de junio de 2008
RELACIÓN ENTRE OS ARTIGOS DA CONSTITUCIÓN E A DECLARACIÓN DE DEREITOS
Os artigos da constitución que defenden os dereitos básicos, están basados nos artigos da declaración de dereitos.Os dereitos que coinciden en ambas son os seguintes:O dereito da igualdade de tódolos cidadáns á liberdade de expresión, de relixión.... xa que todos deben ser iguales ante a lei.Así como o dereito a unha vivenda digna co fin de que tódolos cidadáns podan vivir nunhas condicións axeitadas.O dereito a un traballo remunerado coa finalidade de que todos adquiran capital para poder cubrir as súas necesidades máis básicas, aínda que en moitas ocasións as grandes diferencias entre os distintos salarios crea enormes desigualdades.O dereito a voto tamén é un destes dereitos que coincide nos artigos de ambos documentos xa que tamén debe ser considerado un dos dereitos fundamentais pois tódalas persoas deben ter dereito a elexir ós seus representantes mediante voto.O dereito a recibir educación pois todos deben ter dereito a coñecer diversos aspectos que lle poden ser útiles para levar a cabo unha vida máis digna, tendo unha certa cultura.O dereito á vida de forma que ninguén debe ser privado dela, nin sometido a torturas a pesar de ter cometido delitos graves.Os españoles teñen o dereito de defender a España, xa que é un dos dereitos máis importantes e que tódolos cidadáns deben respectar polo simple feito de ser españoles.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario