jueves, 5 de junio de 2008

HISTORICIDADE

Tras a Revolución Francesa comézase a falar dos dereitos do home, e deste modo realízase a Declaración de dereitos universais; así podemos falar dunha evolución na que os dereitos humanos se dividen en tres xeracións,nos que consideramos dereitos humanos todos aqueles dereitos naturais que ten o home.Primeira xeración de dereitos humanos.Dentro desta primeira xeración recóllense aqueles dereitos que se coñecen como individuais, así dentro desta etapa están proclamados aqueles referidos á liberdade e propiedade privada; ó mesmo tempo que nace Estado de dereito, ráchase coa sociedade estamental e aparece a idea de igualdade ante a lei, a cal trata a tódolos individuos dunha igual maneira e dando a cada un deles a oportunidade de exercer estes dereitos.Segunda xeración de dereitos humanos.Dentro desta segunda xeración proclámanse os dereitos colectivos.Así esta é a etapa na que o proletariado industrial reclama os dereitos económicos e sociais, tanto a educación como a sanidade, salarios dignos.... O modelo de Estado é o Estado Social de Dereito no que se reivindica a eliminación das barreiras económicas que impiden ás clases populares o exercicio de ditos dereitos tanto socias como culturais.Terceira xeración de de dereitos humanos.Dentro desta terceira xeración proclámanse aqueles dereitos relacionados coa igualdade na diversidade.Desta forma esta etapa é aquela onde se recoñecen os dereitos da muller, dos homosexuais, a autodeterminación dos pobos; é decir os dereitos de colectivos ou da natureza que reclama a solidariedade e o respecto mutuo.Así podemos observar que nas dúas primeiras xeracións de dereitos humanos obedecen a unha concepción do home restritiva que exclúe a colectivos como as mulleres ou os homosexuais.Sin embargo a terceira xeración trata de determinar aqueles colectivos.Polo tanto completaríase o lema da modernidade empregado pola Revolución Francesa coa que se inaugurou o debate sobre os dereitos humanos: liberdade (dereitos individuais da primeira xeración), igualdade (dereitos colectivos da segunda xeración) e fraternidade (dereito a unha relación de alianza e igualdade entre diferentes que establece a terceira xeración)

No hay comentarios: