jueves, 5 de junio de 2008

CLASIFICACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS NAS DISTINTAS XERACIÓNS

Podemos facer unha clasificación dos dereitos humanos atendendo a varios criterios, así desta forma é como están formadas as distintas xeracións:A primeira xeración é aquela que está formada polos dereitos individuais de cada persoa, así, polo tanto sitúanse nesta xeración os dereitos civís e políticos xa que neles aparecen defendidos os dereitos das persoas e tamen de todo o conxunto, é decir o estado.A parte destas tamén se consideran que están dentro deste apartado aqueles dereitos que son coñecidos como individuais, é decir o dereito a determinación, a unha vivenda digna....A segunda xeración é aquela que está constituída polos dereitos colectivos; polo que nesta xeración sitúanse aqueles dereitos relacionados coa sociedade, como poden ser os dereitos económicos e sociais, os dereitos dos nenos, o dereito a un traballo, así como todo aquelo relacionado coa escravitude e co benestar, xa que ó falar de todos estes dereitos citados anteriormente estamos a referirnos ós dereitos de toda a sociedade, é decir daqueles dereitos colectivos.E xa por último a terceira xeración é aquela na que se proclaman aqueles dereitos relacionados coa igualdade na diversidade, así polo tanto dentro desta xeración encontraremos aqueles dereitos referidos os dereitos da muller, ós dereitos humanitarios, prevención e descriminación, así como os crímenes de guerra xa que todos eles están relacionados coa igualdade entre tódolos seres humanos.

No hay comentarios: