martes, 17 de junio de 2008

DIFERENCIAS ENTRE ÉTICA E DEREITO

A ética é o conxunto de accións consideradas boas.A ética non trata de factos senón de valores.Pode definirse a ética como a parte da filosofía que trata do carácter, hábitos, ou actos morais de calquera clase que estes sexan, a saber en canto son bos ou malos.En cambio. o dereito é un conxunto de normas e contidos que se non se cumpren te levan a unha sanción.Tanto a ética como o dereito son sistemas norvativos ,ó igual que as regras de trato social, que afectan a obxectos distintos.Na ética as normas son intrxectadas a través das relacións saciais e regulan tanto a infración real como o seu mero propósito.No Dereito, pola contra,o decisivo é a conformidade coa lei,o acto tal como se exteriorizou e non o mero pensamento ou desexo.A primeira, pois, regula e penaliza tanto os actos meramente internos como aqueles que teñen unha manifestación externa, mentres que o segundo regula e penaliza so aqueles actos internos.A liberdade sería a capacidade de elixir o teu destino e a posibilidade de escoller varias alternativas posibles.Sería a "posibilidade de elección de autodeterminación".A definición de liberdade como ausencia de coaación é unha definición negativa e imperfecta. A liberdade entón supón a ausencia de coaccións e implica a posibilidade de escolla entre varias alternativas posibles, entre varias opinións mediante actos espontáneos e non forzados.Por outra parte non é posible a liberdade de facer sen a de querer e a inversa xa que non sería liberdade.Ademais a liberdade é un medio para outra cousa que é a convivencia cos demais e toda a liberdade´é posible dentro duns límites legais

RELACIÓN ENTRE OS ARTIGOS DA CONSTITUCIÓN E A DECLARACIÓN DE DEREITOS

Os artigos da constitución que defenden os dereitos básicos, están basados nos artigos da declaración de dereitos.Os dereitos que coinciden en ambas son os seguintes:O dereito da igualdade de tódolos cidadáns á liberdade de expresión, de relixión.... xa que todos deben ser iguales ante a lei.Así como o dereito a unha vivenda digna co fin de que tódolos cidadáns podan vivir nunhas condicións axeitadas.O dereito a un traballo remunerado coa finalidade de que todos adquiran capital para poder cubrir as súas necesidades máis básicas, aínda que en moitas ocasións as grandes diferencias entre os distintos salarios crea enormes desigualdades.O dereito a voto tamén é un destes dereitos que coincide nos artigos de ambos documentos xa que tamén debe ser considerado un dos dereitos fundamentais pois tódalas persoas deben ter dereito a elexir ós seus representantes mediante voto.O dereito a recibir educación pois todos deben ter dereito a coñecer diversos aspectos que lle poden ser útiles para levar a cabo unha vida máis digna, tendo unha certa cultura.O dereito á vida de forma que ninguén debe ser privado dela, nin sometido a torturas a pesar de ter cometido delitos graves.Os españoles teñen o dereito de defender a España, xa que é un dos dereitos máis importantes e que tódolos cidadáns deben respectar polo simple feito de ser españoles.

FORMULARIO:CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO

D. Procurador de los Tribunales, en nombre y representación de D.Ana González Hermida, según acredito mediante escritura de poder bastante para pleitos que, se acompaña al presente escrito para su inserción en autos por copia con ruego de devolución del original, ante la Sala comparezco y como mejor proceda en Derecho, digo:Que con fecha de 26 02 2007 se me ha notificado proveído de fecha de 28 de 04 de 2008 por en el que se me emplaza para que formule demanda en el plazo de veinte días, habiendo recibido copia del expediente.Que por el presente escrito, y dentro del plazo legal establecido al efecto, conforme al art.52 de la Ley 29-1998 de 13 de julio de la jurisdición contencioso administrativa, formulo DEMANDA, de acuerdo con el art.56 del mismo texto legal , en base a los siguientes hechos y fundamentos de derecho:Hechos:Primero: error en las habilitacionessegundo:presentadas reclamaciones y de alzada que fueron rechazadas.Tercero:el recurso de alzada fue rechazado por lo que recurro al contencioso administrativo.Fundamentos de derecho:Primero: conforme al art.24 de la LO 6-1985, de 1 de julio del Poder judicial y art.1 de la ley 29-1998, de 13 de julio, el conocimiento de este recurso se atribuye al orden jurisdicional contencioso administrativo.Segundo: Es competencia de la sala de lo contencioso -administrativo del tribunal superior de justicia, conforme al art 10 y 14 de la citada ley.Tercero: mi representado posee capacidad procesal conforme a lo dispuesto en la Ley 29-1998, de 13 de julio.Cuarto:conforme a lo dispuesto en los art. 19 y 21 del mismo cuerpo legal, corresponde la legislación activa a la Administración contra cuya actividad se dirige el recurso y la legitimación activa a mi representado.QUINTO. Esta parte actúa representada por Procurador y asistida por Letrado, según lo dispuesto en el art.23 de la Ley 29/1998, de 13 de julio.SEXTO. El procedimiento a seguir es el establecido en 49 a 77 de la Ley 29/1998, de 13 de julio.SEPTIMO: no hay motivo alguno para que sea privado de los estudios realizados y por lo tanto reclamo mis derechos.Por lo expuesto,Suplico a la sala de lo contencioso administrativo del tribunal superior de justicia, que se tenga por presentado este escrito y los documentos que con el se acompañan, se sirva admitirlo y se tenga por interpuesta en tiempo y forma demanda y se dicte en su dia , tras los trámites legales y el recibimiento a prueba que esta parte desde hoy interesa, sentencia por la que se anule y deje sin efecto el acto impugnado y condene a la Administración.Por ser justicia que pido en Galicia,a 28 de 04 de 2008

MODELO DE RECURSO DE ALZADA

Dª. Ana González Hermida, mayor de edad, con domicilio a efecto de notificaciones en Lalín calle A, nº 11 y D.N.I 44093360, a V.E.M.Expone:Que mediante el presente escrito, interpongo recurso de alzada, previo a la vía contencioso-administrativa, el que baso en los siguientes:Hechos:Error en las habilitaciones.Fundamentos jurídicos:Todos los estudios que tiene una persona deben aparecer reconocidos y por lo tanto mis estudios de conocimiento del medio deben de ser reconocidos.En su virtud,Suplico a V.M.E. que, teniendo por presentado este escrito, lo admita a trámite y dé por interpuesto recurso de alzada y solicitando que mis derechos de estudio sean reconocidos.Galicia, 21 de mayo de 2008MAGFCO. Y EXCMO. SR. RECTOR DE LA UNIVERSIDAD POLITÉCNICA DE GALICIA.

MODELO RECLAMACIÓN

Dª. Ana González Hermida.D.N.I. 44093360Publicadas las listas provisionales de funcionarios docentes interinos del cuerpo de Maestros por Resolución de 26-02-2007, del director General de Personal Docente, presento reclamación por no estar de acuerdo con la siguiente circunstancia:Error en las habilitaciones.Fundamentos de la reclamación:Considero que no estoy de acuerdo con lo establecido ya que no me reconecen mis estudios para ser profesora de conocimiento del medio, a parte de maestra de infantil.Documentación justificativa:Presento una fotocopia por la cual fui habilitada.En Lalín a 14 de mayo de 2007Fdo.. Ana González HermidaSr. Director General de Personal Docente

ORGANIZACIÓN DOS MODELOS PARA UNHA RECLAMACIÓN

Nun principio, se non se está de acordo co establecido e desexas iniciar unha protesta debes enviar o modelo de reclamación a admistración correspondente.Neste modelo debes poñer os teus datos e o motivo da reclamación.Por outro lado se estes non aceptan a reclamación pódese volver enviar outra reclamación, pero neste caso a unha administración diferente.Se esta volve ser rexeitada a opción que quedaría sería enviala o contencioso administrativo ó tribunal supremo de xustiza, que sería a ultima opción no que se refire a xustiza.Posteriormente, o recurso de alzada sería o último caso de recurso administrativo, enviado ó alcalde.Finalmente, en caso de seguir sen ser aceptada e se existiu un caso semellante no que si foi resolta debemos acudir ó recurso de alzada, no que podes reclamar que o mesmo caso é aceptado a outra persoa e a ti non.Xa por último se despois de todos estes procedementos de protesta segue sen ser aceptada a protesta o único que quedaría sería reclamar a igualdade de dereitos que xorde despois do recurso de alzada

PRESENCIA DOS XURADOS

Existen xuízos nos que non convén que se celebren seguindo a lei de xurado para o seu funcionamento, é decir que debe ser reservada para determinados asuntos.Pois, hai veces que non ten sentido que nos obriguen a montar un xuízo con xurado por unha pequena omisión do deber de socorro,co custo que ten tanto económico como material.É decir que non é necesario facer unha montaxe dun homicidio consumado para xulgar adecuadamente e dar satisfación a tódolos implicados.

PRESENCIA DOS XURADOS

Existen xuízos nos que non convén que se celebren seguindo a lei de xurado para o seu funcionamento, é decir que debe ser reservada para determinados asuntos.Pois, hai veces que non ten sentido que nos obriguen a montar un xuízo con xurado por unha pequena omisión do deber de socorro,co custo que ten tanto económico como material.É decir que non é necesario facer unha montaxe dun homicidio consumado para xulgar adecuadamente e dar satisfación a tódolos implicados.

¿QUÉ TRIBUNAL XULGARÍA CADA UN DOS SEGUINTES DELITOS?

¿Qué tribunal xulgaría cada un dos seguintes delitos?
A vulneración dos acordos dun contrato sería xulgado por un proceso civíl.A queixa dun cidadán por un imposto excesivo sería un caso xulgado por un proceso contencioso-administrativo.Un accidente de coche só con danos materiais e sen víctimas trataríase dun caso que sería xulgado por un proceso penalA diferenza entre os distintos casos citados anteriormente é que no primeiro dos casos trataríase dun proceso civíl porque e s un litigio entre un particular contra el Estado que no afecta el bien común.En el segundo caso se trata de un proceso contencioso-administrativo porque a demanda é iniciada por unha persoa física e xurídica que sinte lesionados os dereitos que deberían ser preservados polo Estado.E ante o último caso estaríamos ante un proceso penal porque é o Estado o que incoa o proceso ante a comisión dun delito.

O PROCESO XUDICIAL

Un proceso é a institución xurídica mediante a que o Estado resolve os conflitos de intereses que xorden entre individuos no seo dunha sociedade ou entre os individuos do propio Estado.Distínguense dous tipos de procesos:Por un lado están os procesos civís e penais, que se desenrolan en relación a un litigio entre particulares o de particular contra el Estado que no afecta al bien común.Un proceso civíl siempre se inicia con una petición ante los tribunales por una o ambas partes; esta petición se denomina pretensión.Interveñen tres sujetos: por un lado o que fai a reclamación (demandante) , o sujeto ó cal se dirixe a reclamación (demandado) e o órgano xurisdicional que decide (xuíz, tribunal ou xurado).Os procesos penais, pola contra teñen unha orixe distinta ós civís, pois é o Estado o que incoa o proceso ante a comisión dun delito.Neste tipo de proceso o demandante é o Estado, representado pola figura do fiscal e o demandado incurre na responsabilidade penal de transgredir a lei.En numerosas ocasións, cando a comisión non afecta ó ben xeral senón soamente a unha persoa en particular.O proceso penal non se pode iniciar a non ser que ocorra unha demanda particular ou denuncia, neste último caso son tres as partes no proceso: a acusación pública (fiscal) , a acusación particular (demandante) e o demandado.E por último os procesos contenciosos-administrativos que se inician pola demanda dunha persoa física ou xurídica que sente lesionados os dereitos que debían ser preservados polo Estado.Así, neste caso o demandado é o propio Estado.O procedemento é o conxunto de actos encadeados entre si que desenvolven o proceso.Están regulados polo dereito procesal e o seu exacto cuprimento garante que o proceso se leve a cabo dun xeito válido.O primeiro paso é a presentación da demanda e a continuación a contestación do demandado; que a súa vez pode ser de allanamento se está de acordo co que se lle solicita ou ben de oposición.Neste caso pode tamén demandar á parte contraria ou ben presentar argumentos en contra.A seguinte fase sería de proba que se van facer valer a favor ou en contra da demanda.Por fin o xuiz, xurado ou tribunal pronunciará a sentencia

RESPONSABILIDADE OBXECTIVA E SUBXECTIVA

Responsabilidade obxectiva e subxectiva
A responsabilidade subxectiva é aquela que depende soamente da persoa como suxeito do feito, por exemplo cando unha persoa comete un roubo de maneira consciente e voluntaria.Pola contra a responsabilidade obxectiva é aquela na que acción se comete de xeito involuntario.Por exemplo un profesor é o responsable dos alunnos durante o recreo, pero se xogando algún se lesiona, aínda que o profesor é responsable do neno non sería culpable.Así, por exmplo correspondería a responsabilidade subxectiva o caso no que un profesor deixa que os alunnos copien nun exame saindo da aula, pero co propósito de volver a entrar e acusalos de copiar no exame e tamen un alunno volta un libro roto á biblioteca por que o deixou tirado no patio.Un conductor borracho atropella a un peatón cruzando nun semáforo.Todos estes casos citados anteriormente trátase de exemplos de responsabilidade subxectiva xa que en todas estas situacións os protagonistas son conscientes do que está a suceder.Pola contra trataríase de responsabilidade obxectiva os seguintes casos,por exemplo : Todos os alunnos dun centro suspenden o exame de selectivo pois todos cometen o mesmo erro, porque o profesor explicouno mal, a un conductor fállanlle os freos do seu coche e por ese motivo atropella a unha persoa que morre no acto, e outra situación sería un médico non é capaz de levar a cabo unha operación por non dispor dos medios suficientes no hospital e o paciente morre.Todos estes exemplos anteriores son de responsabilidade obxectiva xa que os protagonistas comenten esas accións de forma involuntaria.

¿CANDO SE CONSIDERA QUE UN ACTO É ILÍCITO

¿Cando se considera que un acto é ilícito?
Considerase asto ilícito a todo acto que pode dañar un dereito axeno.Sen embargo poden existir numerosos actos que a xente considera malos, pero en verdade non son considerados un delito, xa que non dañan outro dereito.Así, un esemplo de acto ilícito sería un roubo xa que está dañando os dereitos da persoa a que rouban.

ORGANISMOS SUPRANACIONAIS E INTERNACIONAIS

Estes son os organismos que garantizan os dereitos humanos:AIEST (association internationale d'experts scientifeques du tourisme), EC-ENTERPRISE DIRECTORATE-GENERAL, EC-ENTERPRISE-TOURISM, IJET, THE INTERNATIONAL ECOTOURISM SOCIETY (TIES),IFITT, INTERNATIONAL CENTRE FOR RESPONSIBLE TOURISM (ICRT), IIPT, INTER-SECTORAL UNIT FOR TOURISM,ORGANIZACION OF AMERICAN STATES (OAS) , ORGANIZACION MUNDIAL DEL TURISMO DESARROLLO SOSTENIBLE DEL TURISMO, RED INTERNACIONAL SOBRE DESARROLLO SOSTENIBLE DE DESTINOS TURÍSTICOS COSTEROS, SKAL INTERNATIONAL, TOURISM CONCERN, UNITED NATIONS EDUCACIONAL, SCIENTIFIC AND CULTURAL ORGANIZATION (UNESCO) , UNITED NATIONS ENVIRONMENT PROGRAMME (UNEP) ,WTO-OMT, WTTC , WORD WIDLIFE FUND (WWF)

A DIVISIÓN DE PODERES

Montesquieu foi o primeiro teórico que propuxo a división de poderes coa única finalidade de evitar o abuso de poder.Así segundo a súa función distingue tres poderes, entre os cales debe haber certo control e equilibrio.Son os seguintes:O poder lexislativo é o máis importante de todos xa que é a este ó que lle corresponde elaborar as leis que posteriormente deben de cumprir tódolos cidadáns.Este está nas mans do parlamento, que segundo a constitución actual de 1975 en España as cortes son un modelo bicameral que consta do congreso formado polos deputados e o senado formado polos senadores.O poder executivo é ó que lle corresponde facer aplicar as leis.Está representado polo goberno que ó mesmo tempo está formado polo presidente do goberno e polos ministros.O poder xudicial está formado polo tribunal superior que debe de asegurarse do cumprimento das leis.

CONTRATOS SOCIAIS

Un contrato social é unha expresión utilizada en filosofía para aludir un acordo real ou hipotético realizado no interior dun grupo de membros.Según Rousseau para vivir en sociedade, os seres humanos acordan un contrato, o cal lles otorga certos dereitos a cambio de abandonar a liberdade da que poden dispoñer.Os homes poden modificar o contrato desta forma di que os dereitos non son naturais.Según a opinión de Hobbes os homes no estado de natureza ceden os dereitos individuais a un soberano a cambio de proteción.Unha frase del moi famosa é o home é lobo para o home, é decir que están todos en continuas pelexas, e fai polo tanto referencia á violencia que se lle atribue ós homes e por este motivo necesitan vivir nunha sociedade con leis.Esta teoría tamén foi planteada por Locke, pois el creía que cada home facía un contrato cos demais para un tipo de goberno pero este pode ser modificado ou incluso abolido.

¿QUE SON OS DEREITOS?

É legal sinónimo de lexítimo?¿En que casos sería lexítimo a desobediencia civil?A palabra legal non se pode considerar que sexa un sinónimo de lexítimo pois en moitas ocasións algúns códigos que son considerados legais son, sen embargo, acusados de ilexítimos e por este motivo, son desobedecidos.Por ese motivo está xustificado a desobediencia civil, pois se alguén non está de acordo non pode estar obrigado a actuar dese modo.Un exemplo desta situación sería no caso dun médico que está en contra da eutanasia e o paciente o pidiu, pois nese caso os desexos débense cumprir aínda que estea en contra

jueves, 5 de junio de 2008

CLASIFICACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS NAS DISTINTAS XERACIÓNS

Podemos facer unha clasificación dos dereitos humanos atendendo a varios criterios, así desta forma é como están formadas as distintas xeracións:A primeira xeración é aquela que está formada polos dereitos individuais de cada persoa, así, polo tanto sitúanse nesta xeración os dereitos civís e políticos xa que neles aparecen defendidos os dereitos das persoas e tamen de todo o conxunto, é decir o estado.A parte destas tamén se consideran que están dentro deste apartado aqueles dereitos que son coñecidos como individuais, é decir o dereito a determinación, a unha vivenda digna....A segunda xeración é aquela que está constituída polos dereitos colectivos; polo que nesta xeración sitúanse aqueles dereitos relacionados coa sociedade, como poden ser os dereitos económicos e sociais, os dereitos dos nenos, o dereito a un traballo, así como todo aquelo relacionado coa escravitude e co benestar, xa que ó falar de todos estes dereitos citados anteriormente estamos a referirnos ós dereitos de toda a sociedade, é decir daqueles dereitos colectivos.E xa por último a terceira xeración é aquela na que se proclaman aqueles dereitos relacionados coa igualdade na diversidade, así polo tanto dentro desta xeración encontraremos aqueles dereitos referidos os dereitos da muller, ós dereitos humanitarios, prevención e descriminación, así como os crímenes de guerra xa que todos eles están relacionados coa igualdade entre tódolos seres humanos.

MANIFESTO SINDICATO DE ENSINO CONTRA A HOMOFOBIA

Aínda hoxe en día en moitos países como por exmplo Malasia, India... segue a penalizar a homosexualidade nalgunhas zonas con pena de morte, noutras coa cárcera... E todo isto por ser simplemente homosexuais, a caso que eles non son personas como as outras? e que polo tanto deben ter os mesmos dereitos pois non deben ser castigados por estes motivos, xa que todos e cada un dos individuos deben ter liberdade de expresión....

HISTORICIDADE

Tras a Revolución Francesa comézase a falar dos dereitos do home, e deste modo realízase a Declaración de dereitos universais; así podemos falar dunha evolución na que os dereitos humanos se dividen en tres xeracións,nos que consideramos dereitos humanos todos aqueles dereitos naturais que ten o home.Primeira xeración de dereitos humanos.Dentro desta primeira xeración recóllense aqueles dereitos que se coñecen como individuais, así dentro desta etapa están proclamados aqueles referidos á liberdade e propiedade privada; ó mesmo tempo que nace Estado de dereito, ráchase coa sociedade estamental e aparece a idea de igualdade ante a lei, a cal trata a tódolos individuos dunha igual maneira e dando a cada un deles a oportunidade de exercer estes dereitos.Segunda xeración de dereitos humanos.Dentro desta segunda xeración proclámanse os dereitos colectivos.Así esta é a etapa na que o proletariado industrial reclama os dereitos económicos e sociais, tanto a educación como a sanidade, salarios dignos.... O modelo de Estado é o Estado Social de Dereito no que se reivindica a eliminación das barreiras económicas que impiden ás clases populares o exercicio de ditos dereitos tanto socias como culturais.Terceira xeración de de dereitos humanos.Dentro desta terceira xeración proclámanse aqueles dereitos relacionados coa igualdade na diversidade.Desta forma esta etapa é aquela onde se recoñecen os dereitos da muller, dos homosexuais, a autodeterminación dos pobos; é decir os dereitos de colectivos ou da natureza que reclama a solidariedade e o respecto mutuo.Así podemos observar que nas dúas primeiras xeracións de dereitos humanos obedecen a unha concepción do home restritiva que exclúe a colectivos como as mulleres ou os homosexuais.Sin embargo a terceira xeración trata de determinar aqueles colectivos.Polo tanto completaríase o lema da modernidade empregado pola Revolución Francesa coa que se inaugurou o debate sobre os dereitos humanos: liberdade (dereitos individuais da primeira xeración), igualdade (dereitos colectivos da segunda xeración) e fraternidade (dereito a unha relación de alianza e igualdade entre diferentes que establece a terceira xeración)

PREGUNTAS FORMULADAS A CARLOS RUIZ MIGUEL

-¿Por que se hai un proceso de paz os exércitos seguen funcionando e as nacións unidas non fan nada para impedilo?Porque non se cumplen os acordos que hai entre os exércitos e a ONU podería facer algo por evitalo pero non fan nada ó respecto.-¿Que medidas deben tomar as nacións unidas para que se fagan cumplir as súas resolucións?Hai dous métodos; por un lado o capítulo 6, o acordo entre os exércitos e por outro lado o capítulo 7, impoñer sancións ós que as incumpren.

miércoles, 4 de junio de 2008

Na declaración de dereitos humanos inflúen diferentes factores que impiden que se cumplan estes dereitos na realidade.
Según os factores económicos os dereitos máis importantes non se cumplen como pode ser o dereito ó traballo, xa que todas as persoas teñen dereito a recibir o mesmo salario se desempeñan o mesm traballo.
tampouco se cumple o dereito á igualdade porque hai persoas que poden ser descriminadas polo seu baixo nivel económico.Ademáis Segue habendo millóns de persoas que sofren a escravitude e traballan duramente sen recibir unha recompensa a cambio.
Según os factores históricos, os dereitos máis importantes tampouco se cumpren.Por exemlo, a liberdade das persoas, que é un dos dereitos fundamentais, non existe, xa que a escravitude e a explotación de persoas foron legais ata hai moito tempo e incluso segue a haber moitos destes casos na actualidade.O mesmo sucede coas torturas que seguen a estar aprobadas en moitos países.Ademáis os dereitos de moitas persoas non son respectados xa que hai moitas persoas que son condenadas sen un xuizo previo; tampouco tiñan dereito á propiedade privada e segue habendo persoas que ainda carecen deste dereito ó non dispoñer dos recursos económicos necesarios.Según os factores relixiosos os dereitos máis importantes non se cumpren.Neste caso o dereito á igualdade de todas ás persoas está moi lonxe de cumprirse, xa que existe a discriminación pola distinción de razas ou por outros motivos relixiosos.Ademáis non tódalas persoas son tratadas igual ante a lei xa que todavía se seguen a facer distincións.Por outro lado non se respecta o dereito de tódolos humanos, xa que a igrexa non permite as relacións entre os homosexuais.Según os factores políticos hai moitos dereitos que non se cumplen como pode ser o caso do dereito que respecta a vida de tódolos seres humanos. Por exemplo, nas guerras xa que están provocadas polas diferencias políticas de diversos países. A política tamén inflúe xa que en moitos países detéñense a persoas sen unha razón xustificada e ademáis en moitos países permítense as torturas.Nalgúns países debido a un réxime dictatorial, os cidadáns non poden elexir os seus representantes mediante o sufraxio.Nestes países con dictaduras non hai liberdade de expresión, nin de opinión...
En concdusión moitos destes dereitos, que serían considerados os fundamentais para tódolos seres humanos, non se cumplen.Pero este problema tería solución,aínda que é difícil que se logren cumprir todos estes dereitos dos que falamos anteriormente, se todas as persoas poñen algo da súa parte, este obxectivo poderíase lograr.Pero para elo todos terían que contribuir,empezando polos simples cidadáns que non deberían sentirse mellor ou superior a alguén e terminando polos estados de cada país, que tamén a súa axuda sería indispensable para lograr un mundo no que todos fósemos iguais,no que non existira distincións de razas, no que non houbese nin ricos nin pobres, no que ninguén se sentira explotado ou torturado...En resumo se a declaración dos dereitos humanos se cumplise a raxa tabla, este sería un mundo moito mellor, no que ademais a nosa convivencia sería moito máis agradable.

DECLARACIÓN DE DEREITOS HUMANOS

Na declaración de dereitos humanos aparecen unha serie de artigos que son indispensables, para que tódolos seres humanos gocen dunha vida sen sufrimento, na que todos son iguais, donde non hai distincións....Pero para elo é imprescindible que se leven a cabo, e moitas veces por diversos motivos estes non se chegan a levar a cabo, por diferentes motivos que inflúen para que non se leven a cabo.Son os factores económicos, relixiosos,históricos, e políticos dos que falaremos a continuación.